12.000 Libros baixo dos mares
A biblioteca ambulante do Nautilus chega ao Santa Irene o 18 de febreiro
co motivo do seu 150 aniversario do paso do submarino pola nosa ría
para achegarse aos fondos da enseada de Rande, na procura do tesouro da
frota de prata de 1702 !!!!!!!!!
Para
levar a cabo unha homenaxe ao autor universal Julio Verne, que no seu
libro “20.000 leguas baixo dos mares” deu coñecer a Ria de Vigo en todo
mundo, no instituto témosvos preparadas moitas sorpresas que vos iremos
amosando nos próximos días.
Velaí vai a primeira:
Mariñeiros de Bouzas levaron nas embarcacións tradicionais a un grupo de
alumnos e profesores ata o pé das estatuas que están no fondo da ría, a
carón da illa de San Simón, onde se leron algunhas pasaxes do capítulo
de 20000 leguas baixo dos mares adicado á mesma.
Comentarios
Publicar un comentario