Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2018

Agradecementos

Imagen
Xa rematada a visita no Nautilus polo Santa Irene, a biblioteca "navega" cara outros centros de Vigo.  Dende o equipo de biblioteca queremos agradecer a todos aqueles conferenciantes que, desinteresadamente, compartiron connosco un anaco dos seus coñecementos e axudáronnos a coñecer mellor os tesouros da nosa historia e da nosa literatura.  Manuel E. Garci. “Os tesouros vivos da ría de Vigo” (19 de febreiro) Licenciado en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Funcionario de carreira, traballa no Departamento de Ecoloxía e Biodiversidade Mariña do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo. Ten participado na elaboración dos documentais da serie "Galicia en clave natural" da TVG, "A expedición Ardora" de TVE en Galicia, "O medio mariño da Ría de Vigo" do Concello de Vigo, "O Mexilón" da Xunta de Galicia ou O descoñecido mundo dos signátidos do FECYT. Realizador de documentais como O mar do f