Entradas

Mostrando entradas de abril, 2018

Gañadores do concurso de microrrelato "Segue ti..."

Imagen
Por outra banda, tamén durante o acto de celebración, fixemos entrega dos premios aos agraciados do concurso anual de microrrelato "Segue ti...", que mantiveron o nivel das súas creacións ata o final. A calidade dos traballos e as dificultades para escoller ao gañador motivaron que o xurado decidise conceder catro galardóns... Gabriela Rodríguez, Manel A. Santana, Miguel Pérez Cabirta e Nicolás Reza, grazas polos vosos marabillosos traballos, non deixedes de escribir, de deixar voar a vosa imaxinación e de compartila connosco!!!!!!!

Día do Libro

Imagen
Un ano máis, co gallo do Día do Libro, celebrouse o concurso de dictados no que participaron os rapaces e rapazas de 1º e 2º de ESO. Parabéns a Lucas Estévez e Mateo Fernández, que deixaron ao xurado abraiado polo seu dominio da lingua!!!!!

Lectura pública de El Quijote

Imagen
Grazas a todos e todas por compartir connosco este día!!! Dende o equipo da biblioteca queremos salientar o labor do alumnado colaborador que participou na celebración desta data tan importante para os amantes da literatura. Breixo, Anxo, Lucas, Salomé, Alba e Luis foron os responsables da lectura pública dos fragmentos de El Quijote durante os dous recreos ao tempo que Daniela, Alba e Iria repartían caraveis e rosas a tódolos asistentes.

Día do libro

Imagen
Pasiño a paso achegámonos á celebración do día do libro e o instituto vístese de gala para tal acontecemento. Estes días poderedes ver na biblioteca e polos corredores o fantástico traballo realizado polo alumnado de 1º e 2º de ESO. O luns agárdanos un día de festa co libro como protagonista. Invitámosvos a visitar a biblioteca durante os recreos e a escoitar as lecturas dos primeiros capítulos de El Quijote por parte dos colaboradores e colaboradoras de segundo de ESO. Ademais, o alumnado de Literatura Universal nos sorprenderá cando menos o imaxinemos e algúns personaxes literarios nos visitarán para agasallarnos cun pequeno detalle. Como broche de ouro, a 5ª hora tódolos grupos de 1º e 2º de ESO disfrutarán dun acto no que, entre outras cousas, se entregarán os diplomas aos gañadores dos concursos de dictados e de microrrelatos.