A bilioteca ten unha nova decoración, acercádevos a vela e non esquenzades que o próximo 31 de novembro no 2º recreo entréganse os premios do concurso de relatos de misterio e terror Gustavo Adolfo Bécquer.
Na nosa Biblioteca xa podedes coller en préstamo os libros da exitosa escritora de literatura xuvenil Laura Gallego García. Pinchando nas portadas dos libros que hai a continuación poderedes ler o argumento de cada unha delas.
Para aqueles que non puidestes vir á nosa celebración do Día Internacional do Libro, publicamos na Cova a homenaxe que lle fixemos a Miguel de Cervantes. Poderedes ver o corto que proxectamos e ler "La Prisión", e a adaptación do capítulo "La noche en que Frankenstein leyó el Quijote". Este último tamén da título á obra na que Santiago Posteguillo fai un percorrido literario por diferentes autores e obras da literatura universal. Santiago Posteguillo Leer más publicaciones en Calaméo E estade atentos, porque ao longo das vindeiras semanas iremos publicando na Cova todos os materiais gráficos das distintas actuacións que se fixeron neste festival.
Comentarios
Publicar un comentario