Cornelia, Ágata, Ofelia, Nuno, León…., e sobre todo, Jack o Destripador, apareceron por sorpresa na véspera de Samaín para recibir a súa creadora: Ledicia Costas. A escritora viguesa estivo esta mañá no noso centro para falarnos do seu último libro: A balada dos unicornios. Ela mesma contou en que personaxes se inspirara, cales eran os seus gustos durante a infancia e a adolescencia e como chegou a crear este universo tan fantástico, que a todos nos ten enganchados. Lucía Calvo e Sara Durán, Ágata e Cornelia respectivamente, presentaron a Ledicia dun xeito moi especial e conseguiron sorprendela, “para nada agardaba que os meus personaxes cobrasen vida” dixo a escritora. A balada dos unicornios é un libro que confirma a Ledicia Costas como unha escritora de referencia, non só no panorama literario galego, senón tamén a nivel internacional. Os seus libros están entre os preferidos pola mocidade. A Biblioteca, o EDLG e todo o profesorado do IES Santa Irene, queremos darlle as g