Visita de Xulia Alonso
O martes, 5 de febreiro contamos coa presenza de Xulia Alonso. A escritora veu falarnos do seu libro: Futuro imperfecto. Ás veces os títulos dos libros desconcertan, non sabemos a que se refiren e mesmo chegan a facer que o libro sexa invisible para o lector. Desta volta, o título Futuro imperfecto, foi o escollido pola autora para verter nas súas 248 páxinas todo o seu mundo, as súas vivencias e os seus sentimentos máis íntimos. Futuro imperfecto é o título que podemos pór a cada unha das nosas vidas. Ela, que cría necesario que a súa filla soubese da súa historia, que necesitaba deixar este legado, que quería demostrar que o futuro non está escrito, que a vida ideal non existe e que temos que asumir os nosos erros, non avergoñarnos e, sobre todo, aprender deles. Xulia non deixou indiferente a ninguén, conseguiu emocionarnos e espertou o interese do alumnado de 1o de Bacharelato porque, aínda que a historia se centra nos anos oitenta e noventa do século pasado, reflicte co