Día da Muller
Estas semanas o centro está cheo de actividade, na biblioteca temos preparado para vos:
o panel de "Recomendacións" centrado en obras de temática feminina e unha exposición de maquetas de edificios románicos que fixeron os alumnos de 2º da ESO.
Pero non só na biblioteca, en todo o Instituto hai varias exposicións como a do entroido tradicional.
E para conmemorar o 8 de marzo temos o calendario da muller, o panel de frases de escritoras e as vosas interpretacións das Meninas que enchen as nosas paredes de cor.
Comentarios
Publicar un comentario