O luns 18 de marzo recibimos no IES Santa Irene a María Reimóndez. A autora de Corredora dirixiuse ao alumnado de 1º de ESO e puxo en valor a situación da muller en Etiopía. Destacou a figura da corredora Genet, unha personaxe real que, acostumada á ser cidadá de segunda, conseguiu facerse un oco no difícil mundo do deporte feminino. A traxectoria de María Reimóndez comeza no ano 2002, cando publica o seu primeiro libro de poemas: Moda galega. Xa neste primeiro libro deixa claro que ela non escribe por encher páxinas en branco, non escribe para gañar premios, que moitos ten gañado, non escribe para ocupar o seu tempo libre, non escribe porque está aburrida. Non. María Reimóndez escribe porque quere que o noso berro, reclamando a igualdade, se escoite en cada recuncho e que a muller acceda aos espazos que lle foron prohibidos, negados ou burlados. As personaxes femininas dos seus libros están marcadas polo seu pasado, sobreviven nun presente e son mulleres fortes que soben chan