MES DE MAIO: O MES DAS LETRAS GALEGAS
A data de publicación de Cantares gallegos de Rosalía, o 17 de maio, é a escollida para a celebración do Día das nosas letras. O libro da poeta, publicado en Vigo en 1863, marcou un fito na nosa historia e cada 17 de maio a Real Academia Galega, escoitadas as suxestións de todos os galegos e as súas propias, escollen un persoeiro que traballase a prol da cultura, da lingua e, en xeral, da historia de Galicia. Este ano as Letras Galegas están dedicadas a Antón Fraguas. O centro rendeulle unha homenaxe ao escritor, expoñendo os carteis gañadores do concurso das Letras Galegas e recibindo a visita dun dos maiores expertos na súa vida e na súa obra: Clodio González. O paraninfo do IES Santa Irene estaba cheo para escoitar a un home que coñeceu en vida a Don Antonio Fraguas, como el o chamaba. Soubemos da súa vida, da súa pobreza, dos seus estudos, dos seus problemas durante a Guerra Civil e durante a ditadura, mais, sobre todo, soubemos do seu enorme interse e d