Galego, tí

O pasado venres, 14 de xuño, o alumnado de 4º de ESO e algúns de 1º de Bacharelato puidemos asistir a unha charla organizada polo equipo da biblioteca e polo EDLG do centro. O responsábel foi Xián Faro, un alumno da Escola Oficial de Idiomas de Vigo.
Xián, a través dun kahoot sobre a lingua galega, intentou convencer e alentar ao alumnado no uso da lingua galega. A verdade é que conseguiu espertar o noso interese polo galego e, sobre todo, facernos reflexionar sobre a necesidade de falalo sen medo ao que dirán e sentíndonos identificados cunha lingua que é a nosa.
Moitas grazas, Xián, pola túa visita e sobre todo polo teu entusiasmo pola lingua.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Día do Libro: Homenaxe a Cervantes