Contacontos no Samaín
O venres, 8 de novembro, o alumnado de 1º ESO C asistimos a unha sesión de contacontos co gallo da celebración do Samaín. As encargadas de meternos o medo no corpo foron as alumnas da materia de Oratoria de 2º de ESO.
A todos e a todas nos gustou moitísimo esta actividade, as rapazas fixérono moi ben, aínda que estaban moi nerviosas, e foi moi divertido.
As mans do medo de Edgar Allan Poe e O gato negro de Xosé Miranda foron os contos que, en xeral, máis nos gustaron.
Tamén temos que dicir que nos gustan moito este tipo de actividades porque nos presentan libros que hai na biblioteca do centro e anímannos a achegarnos a eles.

Comentarios
Publicar un comentario