O libro favorito de... Aldara Cogolludo Prieto

Aldara Cogolludo, 1º ESO A
O meu libro favorito chámase Penélope Green. La canción de los niños perdidos, de Béatrice Bottet. Trata dunha chica chamada Penélope que é filla dun famoso xornalista da Inglaterra victoriana. Alec, o seu pai, antes de morrer, tira ao lume diante de Penélope unha investigación chamada "21 foxglobe court" e prohíbelle á súa filla que retome o caso. Sen embargo, tras a morte de Alec, Penélope desobedece ao seu pai e continúa as investigacións.
Esta novela gustoume moito. É de suspense, e ás veces tamén da algo de medo; é divertida e intrigante. Mantén o interese ata o final. Recomendo a súa lectura a todos aqueles aos que lles gusten libros de misterio.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Día do Libro: Homenaxe a Cervantes