O noso xograr favorito regresou no mes de febreiro ao Santa Irene para ofrecermos un novo espectáculo, Versos y bardos, no que fixo un percorrido pola literatura, dende o século XVIII ata a xeración do 36. Os afortunados que viron o espectáculo foron os alumnos de 4º ESO e 2º de Bacharelato. Aquí podedes ver as fotos deste evento.
Para aqueles que non puidestes vir á nosa celebración do Día Internacional do Libro, publicamos na Cova a homenaxe que lle fixemos a Miguel de Cervantes. Poderedes ver o corto que proxectamos e ler "La Prisión", e a adaptación do capítulo "La noche en que Frankenstein leyó el Quijote". Este último tamén da título á obra na que Santiago Posteguillo fai un percorrido literario por diferentes autores e obras da literatura universal. Santiago Posteguillo Leer más publicaciones en Calaméo E estade atentos, porque ao longo das vindeiras semanas iremos publicando na Cova todos os materiais gráficos das distintas actuacións que se fixeron neste festival.
Comentarios
Publicar un comentario