Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2014

Canto Conto

Imagen
Na Cova hai este recuncho onde poderedes ler un conto ou microrrelato. Esta semana empezaremos por un dos contos dun dos narradores máis sobresaíntes da literatura hispánica: Julio Cortázar. Non volo perdades porque o conto non ten desperdicio e vos sorprenderá. Fai click sobre a foto do escritor ou sobre o título do conto e poderás ler esta narración. Julio Cortázar. Continuidad en los parques

Colaboradores de Biblioteca

Imagen
Aquí está o I Equipo de Colaboradores da Biblioteca do Santa Irene. Estas son as súas caras: E estes os seus nomes: COLABORADORES DE BIBLIOTECA CURSO 2014-2015 1º ESO 1º ESO A Laura Álvarez Carmen Carbó Aldara Cogolludo Marta Comesaña Aixa Costas Kenya Fernández Marta Gómez Andrea Martínez Bayesaliou Sankhe 1º ESO C Yaiza González Noa da Graça Carla Medina 2º ESO (B) Iria Domínguez Yaiza Lage 3º ESO (A) Gisell Andreína Ferreira 1º BAC (B) Alejandro López 4º ESO 4º ESO A Marta Allegue Yadhira Iglesias Adrián Koukoulis 4º ESO C Miriam Carrera Camila de Souza

Ler ben, escribir ben

Imagen
Se pinchades nas portadas, accederedes a estes diccionarios virtuais para solucionar as vosas dúbidas.  

Libros que vos deixarán os pelos de punta

Imagen
Para aqueles que vos gustan os relatos sobre feitos sobrenaturais, presencias fantasmais ou diabólicas, sobre o medo que poden inspirar os propios seres humáns... non podedes deixar de ler estes libros. Sentiredes arrepíos.

¡Oído cociña!

Imagen
Xa estamos a recoller as vosas peticións para a biblioteca. Sabede que as vosas suxerencias están a ser atendidas e xa están de camiño... Seguide  deixando os vosos desexos no Buzón que atoparedes na biblioteca ou no correo electrónico: biblioteca.santairene@gmail.com e atenderémolos o máis pronto posible. Recordade que podedes suxerir o que máis os apeteza: libros, actividades que vos gustaría facer...

Samaín 2014

Imagen
Como no podía ser menos, este ano a biblioteca do Santa Irene convertiuse nun lugar absolutamente terrorífico. Non podedes deixar de visitar a exposición de epitafios dos cementerios que hai na sala de lectura. Podedes morrer de medo ou de risa. Aquí tedes un vídeo que recolle as imaxes da exposición e da lectura dramatizada do temible relato O monte das ánimas de Bécquer.

XA TEMOS LOGO PARA A NOSA BIBLIOTECA!!

Imagen
Os alumnos do Santa Irene que se presentaron a este I Concurso de Logos para a biblioteca do centro fixeron uns traballos moi bos. Destacou o traballo de Adriel Salgado Álvarez de 2º Bacharelato A, que fixo un logo tan bonito que é moi probable que o manteñamos durante máis de un ano. Adriel Salgado Álvarez ¡Felicidades, Adriel!

II CONCURSO LITERARIO GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

Imagen
Estes son os relatos gañadores da II Edición do Concurso Literario Gustavo Adolfo Bécquer. O equipo de traballo da Biblioteca quere felicitar, non só aos gañadores, senon tamén a todos os participantes.Xunto o nome do gañador tedes o enlace para poder ler a súa historia de terror: para morrer de medo. MODALIDADE III - Primeiro premio: Oscuridad de Paula Franco Cordeiro (1º ESO A) MODALIDADE I - Segundo premio: Marcas que hablan de Ana Mateo Gestoso (1º Bacharelato B) - Primeiro premio: Otro ojo de buey de Román Pérez Santalla (2º Bacharelato A)

¡Segundo premio!

Imagen
 O voso compañeiro de 2º Bacharelato,Román Pérez Santalla, quedou de segundo no Concurso Hispanoamericano de Ortografía a nivel de Galicia. ¡A NOSA NORABOA!