Celebremos o Samaín!!
O Samaín é unha festividade celta que se celebra na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro. Na súa orixe o Samaín festexaba o final da tempada de colleitas e o "Ano Novo Celta" (que comezaba coa estación escura). É, polo tanto, unha festa de transición (paso dun ano a outro) e tamén de apertura ao outro mundo.
En Galicia (e en zonas de León e Zamora próximas á nosa Comunidade) o Samaín era unha festa moi extendida, e aínda hoxe se segue a celebrar en moitos dos seus territorios. As cabazas, que serven para homenaxear á morte, tállanse, sécanse e consérvanse para usalas como máscaras no Entroido en Quiroga (Lugo), e en Rivadabia, ao chegar "A noite meiga" do 31 de outubro, as súas rúas quedan ateigadas de meigas, trasnos, bruxos, pantasmas... e todo tipo de seres sobrenaturais e terroríficos.
Recuperemos nós tamén unha tradición tan aterradora e divertida e celebremos o Samaín!!
Agardámosvos na Biblioteca