Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2014

Entra na cova de...

Imagen
Nestas direccións podedes entrar na cova de tres dos escritores de literatura xuvenil máis exitosos: César Mallorquí, Laura Gallego e Fernando Marías. Din os morcegos da cova que incluso podedes poñervos en contacto con eles e valorar e comentar as súas obras a través destes enlaces. Pinchade nas súas imaxes ou nos seus nomes e descubride o último sobre eles. César Mallorquí Laura Gallego García Fernando Marías

HORARIO DE PRÉSTAMOS DA BIBLIOTECA

Imagen
  HORARIO DE PRÉSTAMOS DA BIBLIOTECA TARDE: LUNS E XOVES DE 17,00 A 20,15 MAÑÁ:   MARTES, MÉRCORES E VENRES DE 8,45 A 13,35  

Elemental, querido lector

Non está permitido consumir comida ou bebida na sala de lectura. Para usar o servicio de préstamos é necesario ter o carné do centro. O servizo de préstamos é por quince días. Poderase renovar se non hai lista de espera para ese exemplar. Os ordenadores son instrumentos de consulta e realización de tarefas. Non se poderán usar programas de xogos nin chats. Todos os días hai servizo de préstamos. Consulta o horario. Non utilices o teléfono na sala de lectura. A sala de lectura sempre está aberta. E segue sempre estas indicacións: Antes de consultar un libro, asegura que as túas mans estean limpas e secas. Non humedezas os dedos para pasar as páxinas. Non forces a encuadernación para manter o libro aberto. Para marcar o punto de lectura utiliza un marcapáxinas, nunca adhesivos, "post-it", bolígrafos ou clips. Evita tomar notas apoiándote sobre os documentos. Se detectas un documento en mal estado ou que lle falten páxinas, comunícallo á bibliotecaria. Evita colo

E falando de Covas Máxicas...

Os alumnos do IES Santa Irene de 2º e 3º de ESO foron visitar Celanova: viron a Casa dos Poetas e a Ermida de San Rosendo, pero quedaron particularmente abraiados coa Biblioteca da que disfrutan no instituto desta vila. Unha "cova máxica" realmente espectacular, tal e como testemuñan as imaxes.

Outras actuacións estelares do Día do Libro

O blues é un xénero musical que se caracteriza polas tonadas tristes, coas que os escravos lamentaban a súa situación inxusta. Foi cara 1915, durante a Gran Guerra, cando este xénero se populariza, incluso entre a poboación branca, que escoita música dos negros aos que denostaban. Como xa sabedes, neste festival de música e literatura sobre a Primeira Guerra Mundial que fixemos para conmemorar o Día Internacional do Libro, contamos coa participación dun grupo musical de blues no que toca un dos nosos alumnos dos estudos adultos. Por fin conseguimos videos das actuacións dos Beethoven Rollers. Para aqueles que non os puidestes ver, non vos perdades as súas interpretacións de cancións clásicas de Ray Charles e Jerry Lee Lewis, e a súa canción orixinal.  

Gañadores do II Concurso de Ortografía do IES Santa Irene de Vigo

Imagen
http://smilies-gifs.com/aplaudir-clap.php O departamento de Lingua Castelá e Literatura quere felicitar aos gañadores deste certame ortográfico polo seu magnífico traballo, desempeño e dedicación. Estes son os gañadores do Concurso:  En 1º e 2º da ESO:  Primeiro premio: Alba Hermida Alonso (2º ESO A) Segundo premio: Zoe Cendón (1º ESO B)  Terceiro premio: Marcos Herrera (2º ESO A)  En 3º e 4º da ESO: Primeiro premio: María González Lorenzo (3º ESO A) Segundo premio: Carla Conde Román (3º ESO C) Terceiro premio:Yago Calviño Vázquez (4º ESO A) A nosa noraboa a todos!!

Visitas ao blog

Imagen
Hai tres días puxemos un contador de visitas na páxina principal da Cova Máxica porque estamos impresionados pola cantidade de visitas que recibimos dende que inauguramos este blog no mes de outubro. Ata o de agora recibimos máis de 1600 visitas. Dende o grupo de traballo da biblioteca queremos daros as grazas a todos os que vos interesastes por este blog,  e queremos que saibades que esto aínda acaba de empezar e que haberá moito máis no futuro.

Máis fotos de Crispín d'Olot

Aquí tedes máis recordos da visita de Crispín d'Olot.

E máis sobre o Día do libro