Entradas

Mostrando entradas de abril, 2017

Infografías do día do libro

Imagen
Estas son as infografías presentadas polo alumnado de 1º da ESO co motivo do día do libro

Día do libro

Imagen
Lembrade que mañá durante os recreos podedes trocar aqueles libros que xa non precisedes por outros aportados polos vosos compañeiros.

Día do libro

Imagen
As sorpresas da semana do libro continúan... que sabe se na vosa aula irrumpe estes días algún narrador a achegarvos unhas liñas da súa obra favorita?

Actividades DNL da segunda avaliación

Imagen
6 ao 9 de Febreiro Ao longo desta semana estivo no noso centro a Eurodeputada e ex-alumna do noso centro Ana Miranda que aos alumnos de 2º e 3º de ESO a de 2º de Bacharelato lles falou da política lingüística da Eurocámara. 24 de Febreiro Como xa vén sendo este ano volveuse celebrar o Concurso de Sobremesas en Entroido. Volveu ter un gran éxito tanto de público como de participación. Nesta ocasión presentáronse 15 preparacións. Foi como sempre   reñidísimo. O xurado formado por Héctor, profesor do departamento de Xeografía e Historia; Paula do departamento de Inglés; Xosé en representación da cafetaría e Anxo de 1º   de ESO C e Elisa e Daniela de 1 de ESO B. As gañadoras foron co primeiro premio Marta Comesaña Rodríguez, de 3ºde ESO A cunha torta de crema e biscoito; co segundo Lucía Mallo García, de 3º de ESO B, cun brownie e en terceiro lugar Sonia Rodríguez López, de 1º de ESO C cunha torta de crema, biscooito e amorodos.    14 de Marzo Ledicia C

Dia do libro

Imagen
Comezamos o trimestre festexando O DÍA DO LIBRO... ao longo da semana agárdanvos algunhas agradables sorpresas relacionadas coa Literatura.... De momento, podedes achegarvos á biblioteca e buscar as faixas agochadas nas lecturas favoritas dalgúns dos vosos compañeiros. Pode que atopedes moitas recomendacións interesantes!!!!!

CLUB DE LECTURA

Estes meses, os clubs de lectura do IES Santa Irene lemos dúas novelas de Sonia Mirón. Posto que a autora vai visitar o centro moi pronto, preparamos -coa colaboración do grupo de teatro Spasmo- unha pequena sorpresa para ela que compartimos aquí tamén convosco: un booktrailer de Si tú quieres e unha vídeo-recensión de Un sol dentro de mí . Esperamos que vos gusten e que vos animedes a ler as súas novelas. Vídeo-recensión 

COLOQUIO CON SONIA MIRÓN

Imagen
O pasado venres visitounos Sonia Mirón para falarnos sobre a súa faceta de escritora e as súas novelas. Asistiron ao coloquio os alumnos de 4º da ESO, os membros dos clubs de lectura e o grupo de teatro Spasmo. Aquí vos deixamos algunhas fotos e un vídeo.

CARPE DIEM!

  Os alumnos de 4º ESO C anímanvos a gozar da vida: Carpe diem!  

CONCURSO COCA-COLA

Imagen
A pasada semana celebrouse o concurso de Coca Cola de relatos curtos ( http://concursojovenestalentos.cocacolaespana.es/sobreelconcurso ).   Algunhas alumnas de 2º da ESO participaron neste concurso. Desexámoslles toda a sorte do mundo!