Entradas

Mostrando entradas de enero, 2017

Certame literario Cyrano de Bergerac

Bo día! Xa chega San Valentín!!!! Coma sempre por estas datas, a biblioteca convoca o seu certame literario de cartas, poemas ou relatos de amor. Podedes consultar as bases neste arquivo e nos carteis que están colgados por todo o centro. Animámosvos a participar e compartir o premio coa persoa máis especial!!!  Moita sorte, O equipo de biblioteca Bases do concurso

Roteiro literario

O club de lectura do IES Santa Irene invítamos a realizar un fermoso roteiro literario ao que podes acceder no seguinte enlace: https://www.tripline.net/trip/ Roteiro_literario_-_Tes_ata_as _10-2443125252141012AD20AE35B0 D28410 Tomando como punto de partida un libro - Tes ata as 10 , de Francisco Castro- deseñamos un roteiro literario pola nosa cidade. As paradas do roteiro correspóndense con lugares -algúns reais, outros ficiticios- que teñen unha importancia esencial na novela; xa que logo, acompañamos o roteiro de fragmentos da novela de Francisco Castro e de imaxes da nosa cidade. Finalmente, recomendámosche facer o percorrido pola tarde e -como ben reza o título- tes ata as 10 para rematalo. Un saúdo, da Comunidade dos cabaleiros dos libros circulares.

IV certame de relato curto

Imagen
Bo día! Xa está dispoñible na  biblioteca o libro "IV certame de relato curto", que contén os traballos das vosas compañeiras Carmen Carbó y Paula Franco. Noraboa ás dúas polos vosos marabillosos textos!!!!

Feliz ano!

Imagen
Feliz ano a todos e todas! O equipo de biblioteca xa cargou as pilas durante estas vacacións de Nadal e está metido de cheo nos proxectos que se desenvolverán durante o segundo trimestre! Pouquiño a pouco iremos informando. De momento, deixámosvos un enlace no que podedes descubrir cal é o mellor agasallo que os Reis Magos deixaron por aquí...