Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2016

Loita pola igualdade

Imagen

Star Wars

Imagen
Bo día! Despois do éxito do recanto adicado á lectura de "Star Wars", o equipo de biblioteca decidiu ampliar o préstamo de exemplares na sala durante todo o trimestre!!!!!! Queremos agradecer a Mª José, a profe de Matemáticas, a súa xenerosidade e disposición ao facilitarnos con moito gusto unha grande cantidade de materiais moi interesantes e entretidos, aos que non é doado acceder hoxe en día. Moitas grazas!!!!!!!

Á volta do Samaín

Imagen
Ola a todos e todas! Xa de volta desta ponte e coas pilas cargadas para o que queda de trimestre!!!!!!   Un ano máis, o pasado venres celebrouse no instituto o Samaín. Moitos rapaces e rapazas axudaron a crear un ambiente terrorífico coa presentación das súas cabazas, caveiras e relatos de misterio e terror.   A todos, moitísimas grazas por colaborar connosco e por participar con ledicia das actividades organizadas dende a biblioteca!!!   Nos próximos días publicaremos o fallo do concurso de caveiras, namentres... a nosa noraboa as gañadoras dos excelentes relatos que obtiveron o primeiro premio no certame "Gustavo Adolfo Bécquer": Carmen Carbó Otero (3º ESO C) Ana Garrandés Moreda (2º ESO B)