Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2019

Día da Muller

Imagen
Estas semanas o centro está cheo de actividade, na biblioteca temos preparado para vos:  o panel de "Recomendacións" centrado en obras de temática feminina e unha exposición de maquetas de edificios románicos que fixeron os alumnos de 2º da ESO. Pero non só na biblioteca, en todo o Instituto hai varias exposicións como a do entroido tradicional. E para conmemorar o 8 de marzo temos o calendario da muller, o panel de frases de escritoras e as vosas interpretacións das Meninas que enchen as nosas paredes de cor.