Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2015

Aviso importante!!

Imagen
Prorróganse os prazos do Concurso Cyrano de Bergerac. A presentación de traballos posponse ata o venres 27 de febreiro e a entrega de premios celebrarase na Biblioteca, durante o segundo recreo do día 6 de marzo. Aínda estades a tempo de participar!!

El Corazón Perdido

Imagen
Xa botabamos en falta na Cova un novo relato curto. Desta vez, propoñémovos a lectura deste conto de Emilia Pardo Bazán. Coma sempre, pinchade na imaxe da escritora para acceder ao texto. Coma sempre, convidámovos a comentar e dar a vosa opinión sobre este relato.

XIX Certame Poético Francisco Añón

Imagen
Bases Completas Este é un resumo das bases do concurso que organiza o Concello de Outes (A Coruña). Lédeas atentamente e animádevos a participar porque o premio merece a pena.   BASES Poderán participar todas as persoas interesadas, de calquera nacionalidade, que presenten os orixinais en lingua galega . Os textos deberán ser inéditos. Prazo de presentación: ata o 7 de abril de 2015. Os traballos poderán ser enviados por correo certificado á Casa da Cultura da Serra, Avda. de San Campio S/N, 15230, Outes (A Coruña).   A resolución do xurado darase a coñecer o Día das Letras Galegas . Categorías e premios : nestas tres categorías hai un primeiro premio máis un accésit (que consiste na publicación da obra). Categoría D (12 a 14 anos) . 1º Premio: vale de 180 euros en libros e publicación da obra. Categoría E (15 a 17 anos) : 1º Premio: 450 euros e publicación da obra. A extensión mínima do escrito é de 150 versos. Categoría F (a partir de 18 anos) : 1º Premio: 12

Literatura xuvenil para San Valentín

Imagen
Na Biblioteca atoparedes un mar no que entre algas e peixes flotan burbullas con clásicos e novidades de literatura xuvenil de amor. Escolle o teu burbulibro e sumérxete nunha historia de amor; pasa unha ou varias veladas románticas. Porque San Valentín non ten por que durar so un día.   Algunhas das recomendacións son estas (consulta outras na Biblioteca). Se pinchades na imaxe poderedes ler o argumento de cada un destes libros.  

Resolución do xurado do concurso "Je suis Charlie"

Imagen
Para coñecer as mellores viñetas presentadas a este concurso e os seus autores, non tedes máis que mirar este video. As nosas felicitacións!!