Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2016

IV Concurso Literario de Relatos de Misterio e Terror

Todo vale: zoombies, alieníxenas, espectros ou mesmo a túa irmá pequena. Cóntanos unha historia con unha única finalidade: Que morramos de medo!!! Bases do concurso

Benvidos de novo

Hola a todos e todas! O pasado 22 de setembro tivo lugar a inauguración oficial do curso da man do recoñecido escritor e antigo profesor do “Santa Irene” X. L. Méndez Ferrín. Coa súa palabra sempre entretida e interesante, o alumnado de primeiro de Bacharelato fixo un percorrido pola historia do noso instituto, o máis antigo da cidade. Dende o grupo de biblioteca, queremos agradecerlle a súa presenza e as súas ensinanzas, que aproveitaremos este ano para traballar nunha sección fixa que demos en chamar “Vigo: cidade de...” e que xa iredes coñecendo. Como novidade, este ano formarase o primeiro clube de lectura do centro, dirixido pola profesora de “Lingua Castelá” Beatriz Dieste. Animámosvos a asistir mañá (martes 27) á reunión informativa que terá lugar no segundo recreo. Agardan moitas máis sorpresas, pero preferimos que sexades vós mesmos os que as descubrades paseniño... Alguén sabe xa que poden significar as fotos e cadros que pegamos a semana pasada nos taboleiros??

Novo curso académico 2016/17

Comeza un novo curso e con el a posibilidade de vivir mil aventuras. Anímate a participar