Literatura xuvenil e cine

A literatura xuvenil está de moda. Tras o éxito rotundo das novelas e as súas adaptacións ao cine do xa clásico O señor dos aneis de J. R. R. Tolkien e a saga de Harry Potter de J. K. Rowling, fixéronse novas adaptacións de best sellers da literatura xuvenil, aínda que a súa posta en escena non fora sempre tan acertada (Crepúsculo).
Dentro da literatura fantástica, os últimos estrenos corresponden a O Hobbit, tamén de Tolkien, a que hai que sumar dúas novidades: dúas sagas moi exitosas, Vampire Academy de Richelle Mead e Oscuros de Lauren Kate, que xa teñen cadansúa película, aínda que no caso da segunda se estrease soamente en Estados Unidos, así que en breve estará xa nos cines españois.
 
http://neveradelibros.blogspot.com.es/2014/03/resena-vampire-academy-de-richelle-mead.html
Academia de vampiros  aúna romance clandestino, unha sociedade despiadada e rituais nocturnos dos que ninguén pode falar. Todo isto ocurre na Academia St. Vladimir. Alonxada de todo, a Academia é un lugar onde os vampiros estudan as artes máxicas e os Dhampir (metade humáns) aprenden a protexelos. Rose Hathaway é dhampir e os seus teñen prohibido namorarse porque son exclusivamente gardiáns e están obrigados a protexerse continuamente dos "strigoi" (os vampiros máis violentos e perigosos, os únicos que nunca morren). Isto convertése nun problema para ela cando se namora.
Os seguintes títulos da saga son: Congelada, Sangre azul, Bendecida por la sombra, Promesa de sangre, e os dous últimos títulos aínda non están publicados en español: Spirit Bound (Espíritu obrigado) e Last Sacrifice (O último sacrificio).
Se pinchas na portada do libro accederás a unha valoración do libro por parte de diversos lectores.
Recomendamos ler antes a novela, pero como aperitivo, deixámovos aquí o tráiler da película.



http://www.lecturalia.com/libro/42333/oscuros
Oscuros é unha saga sobre anxos caídos que se desenrola en cinco títulos (o último deles é un anexo ás novelas na que se relata  a historia de amor de catro dos personaxes principais da saga): Oscuros, El poder de las sombras, La trampa del amor, La primera maldición, e La eternidad y un día.Se clicades na portada do libro poderedes ler o argumento do primeiro dos libros e valoracións do mesmo.









Deixamos atrás os demos, anxos, vampiros... para adentrarmos na literatura de ciencia - ficción, onde se atopan éxitos sen precedentes como a saga Los Juegos del Hambre. Moi aclamadas están a ser tamén a saga Divergente de Veronica Roth, El corredor del laberinto de James Dashner ou Los 100 de Kass Morgan. A saga de Los Juegos del Hambre xa está moi avanzada nos cines e este ano estrenarase a segunda parte de Sinsajo, o último libro da novela. As sagas Divergente e El corredor del laberinto coñeceron o ano pasado as súas primeiras adaptacións ao cine, así que nos anos dous ou tres anos seguintes poderedes ver os films de cada unha destas novelas.Respecto a Los Cien, non hai película exactamente, senon unha magnífica miniserie de televisión que se emite en Syfy.

Da saga Los Juegos del Hambre de Suzanne Collins (Los Juegos del hambre, En llamas, Sinsajo) pouco hai que dicir, posto que moitos de vosotros xa a coñecedes e ademais encabeza o ranking dos mellores libros segundo os alumnos do Santa Irene. Para quen todavía non leu os libros, a saga presenta un mundo dividido en 13 Distritos (aínda que o número 13 é clandestino, e é onde se esconden os opositores ao réxime do goberno, distrito que non aparece ata Sinsajo). O principal é o Capitolio, no que se atopa a élite social e o goberno. A maioría dos distritos malviven para alimentar e soster aos habitantes do  Capitolio. Como vedes, é un mundo futurista que, en realidade, non está tan alonxado do noso mundo actual. O Capitolio conmemora a guerra cun reality show realmente espeluznante: un mozo e unha moza de cada un dos distritos, seleccionados por un sorteo, deben participar de forma forzosa nun programa onde deben loitar entre sí ata que soamente quede un vivo. Katnis Everdeen, a súa protagonista, proponse como voluntaria para evitar que a súa irmá morra nestes xogos. A partir de aquí comeza unha acción trepidante que rematará cunha revolta popular.

A saga de Veronica Roth ten un aire co célebre Un mundo feliz de Aldous Huxley. A autora plantexa un mundo no que debes ser o que os demais queren que sexas, onde elexir unha opción alternativa resulta máis que perigoso. Pincha a imaxe que ves a continuación e le a reseña desta saga.
http://www.entrelectores.com/libro/85900.divergente/
E, a continuación, o tráiler da película do primeiro dos libros.

http://www.eltemplodelasmilpuertas.com/critica/corredor-laberinto-corredor-laberinto/418/
El corredor del laberinto,Las pruebas, La cura mortal son os tres libros que compoñen esta outra saga. Ao espertar dentro dun oscuro ascensor en movemento, Thomas o único que logra recordar é o seu nome. Non sabe quen é. Tampouco onde vai. Pero non está so: cando a Caixa chega ao seu destino, as portas se abren e se ve rodeado por un grupo de mozos (todos eles varóns).
O Glade (El Claro) é un espazo aberto cercado por muros xigantescos cheos de vexetación. Ao igual que Thomas, ninguén sabe como chegou alí. Nin por que. Do que están seguros é de que cada mañá as portas de pedra que os separan do laberinto que os rodea se abren, e pola noite, se pechan. E cada mes alguén novo é entregado polo ascensor. Un feito que altera de forma radical a rutina do lugar é a chegada dunha moza, a primeira enviada ao Glade, e máis sorprendente aínda é a mensaxe que trae. Thomas será máis importante do que imaxina. Pero para iso deberá descubrir os oscuros secretos gardados na súa mente. Por algunha razón, sabe que para conseguilo debe correr. Correr será a clave. Ou morrerá.Clica nas portadas para ler a valoración doutros lectores desta colección, ou ve o tráiler da película:


Por último, Los 100 plantexa unha historia futurista: Noventa e sete anos antes de que comece a acción do libro, o mundo sufre unha debacle nuclear e os seus habitantes deben abandonar o planeta. So uns poucos poden ir á estación espacial El Arca, e case toda a humanidade morre a consecuencia da radiación. Case cen anos despois os habitantes de El Arca descubren que a estación está a quedar sen osíxeno. Así que envían a cen adolescentes (delincuentes, problemáticos...) á Terra coa esperanza de que o planeta sexa de novo habitable. A acción divídise entre o que atopan os Cen cando chegan á terra, e o que sucede paralelamente no Arca. É unha historia moi entretida que da cabida á intriga, ao amor, á solidaridade, ao sacrificio polos demais... e non deixará indiferente a ninguén. A continuación, tedes o video promocional da serie editado polo canle de televisión Syfy.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Día do Libro: Homenaxe a Cervantes