O cabalo da cor vermella

Xavier Alcalá.
Xa ía tocando poñer un novo conto na Cova. A proposta desta vez é O cabalo da cor vermella de Xavier Alcalá, escritor ferrolán que colabora con diversos periódicos galegos. A súa obra caracterízase pola presenza notable do tema da emigración e porque X.Alcalá sabe desenrolar a intriga. Ademais de obras propias, debemos agradecerlle a tradución ao galego de títulos como Estudio en escarlata de Arthur Conan Doyle (o creador de Sherlock Holmes) e A illa do tesouro de Robert Louis Stevenson.  Esperamos que vos guste o seu Cabalo de Cor Vermella, que poderedes ler se pinchades na imaxe do escritor.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Día do Libro: Homenaxe a Cervantes