A recomendación de Laura Álvarez é... Sinsajo
Laura Álvarez, 1º ESO A |
Sinsajo é o último libro da famosísima triloxía "Los juegos del hambre" de Suzanne Collins. No último libro continúan as aventuras de Katnis Everdeen cando logra saír do"Vasalaxe dos vintecinco", a septuaxésima quinta edición dos Xogos da Fame. Ela empeza cun percorrido polo Distrito 12, o seu antigo fogar,
agora destruido polo bombardeo que o Capitolio ordenou como vinganza por escapar da area nos últimos xogos.
Doutra banda Peeta Mellark foi capturado polo Capitolio... e as consecuencias deste rapto serán desastrosas, tanto para Peeta como para Katnis.
E ata aquí podo ler sen descubrirvos toda a trama e o final da historia.
Recomendo este libro porque con el aprendín valores importantes: non hai que pensar só nun mesmo, hai que pensar nos demais. Katnis Everdeen tiña tantos problemas que non podería preocuparse por ninguén, e, polo contrario, preocúpase, e moito, de recuperar e coidar a súa familia e aos seus amigos.
Comentarios
Publicar un comentario