Día do Libro: Exposicións
Se vos achegades á Biblioteca poderedes atopar varias exposicións:
- Rosas do vento: é un símbolo en forma de círculo que ten marcados ao redor os rumbos en que se divide a circunferencia do horizonte. A súa invención atribúese a Raimundo Lulio, aínda que a descrición pormenorizada que da Plinio o Vello no libro II podería ser a súa referencia básica.
Nas cartas de navegación represéntase por trinta e dous rombos (deformados) unidos por un extremo mentres o outro sinala o rumbo sobre o círculo do horizonte. Sobre o mesmo sitúase a flor de lis coa que soen representar o norte. Tamén pode ser un diagrama que reflexa a intensidade media do vento en diferentes sectores nos que se divide o círculo do horizonte.
- Exposición de obras de Verne: tras traballar todo este ano no Audiolibro de Vinte mil leguas de viaxe submariña, non podiamos menos que adicar este Día do Libro ao celebérrimo Jules Verne. Nesta pequena exposición atoparedes algunhas das obras máis famosas deste autor: A volta ao mundo en oitenta días, Os fillos do capitán Grant, Cinco semanas en globo, Viaxe ao centro da terra... Se vos gustaron as aventuras do Capitán Nemo, anímadevos a ler outras novelas do escritor francés.
Comentarios
Publicar un comentario