Atención lectores!!


Xa saiu publicada a terceira e última entrega da saga Mentes Poderosas de Alexandra Bracken. Os libros que compoñen esta triloxía (Mentes Poderosas, Nunca Olvidan e Una luz incierta) están a ter tal éxito que xa están a preparar a rodaxe da película do primeiro dos libros. Así que se non os liches, faino antes de ver os films, porque paga a pena.
Mentes poderosas ten como protagonista a Ruby, a narradora - personaxe que conta a historia en primeira persoa das súas aventuras nun mundo sumido nunha crise económica terrorífica derivada da ENIAA, unha pandemia que afectou a todo o globo, e particularmente aos rapaces de entre dez e dezaoito anos. Esta enfermidade esnaquizou a vida da maioría dos nenos do mundo e creou un estado de pánico colectivo, ata o punto de que levou por diante a economía mundial. 

Sen embargo, non todos os mozos morreron. Houbo supervivintes. Pero estes desenrolaron unhas capacidades mentais extraordinarias. Os "Vermellos" poden crear e manipular o fogo; os "Laranxas" poden manipular as mentes alleas; os "Amarelos" teñen control mental sobre a electricidade; os "Azuis" posúen telequinesia; e os rapaces "Verdes" están extraordinariamente capacitados para o campo da informática. En conxunto,son vistos polos gobernos, sobre todo polo de EEUU, como un colectivo ao que temer, e moito. E a decisión de Gray (o Presidente de USA) non foi outra que desfacerse dos que considera máis perigosos, os "Vermellos", os "Laranxas" e algúns rapaces clasificados no grupo dos "Amarelos". Os demáis foron recluidos en campos de traballo, e malviven baixo unhas condicións de vida infrahumanas. A sociedade está tan preocupada pola crise económica que non presta atención ao que lle está a pasar a todos estes nenos.

Contra todo pronóstico, Ruby logra escapar dun dos campos máis terroríficos, e súmase ao grupo de rapaces fugados que sobreviven como poden, que viven como fuxitivos agochándose continuamente dos soldados gubernamentais, dos cazarrecompensas... 

En definitiva, é unha historia trepidante, chea de aventuras, de amizade, de amor... e non vos deixará en absoluto indiferentes.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Día do Libro: Homenaxe a Cervantes