Nesta entrada podedes descargar estas obras narrativas de Cervantes. Non esquezades mirar o tomo virtual que a Biblioteca Nacional de España publicou na web: é toda unha curiosidade.
Na nosa Biblioteca xa podedes coller en préstamo os libros da exitosa escritora de literatura xuvenil Laura Gallego García. Pinchando nas portadas dos libros que hai a continuación poderedes ler o argumento de cada unha delas.
Para aqueles que non puidestes vir á nosa celebración do Día Internacional do Libro, publicamos na Cova a homenaxe que lle fixemos a Miguel de Cervantes. Poderedes ver o corto que proxectamos e ler "La Prisión", e a adaptación do capítulo "La noche en que Frankenstein leyó el Quijote". Este último tamén da título á obra na que Santiago Posteguillo fai un percorrido literario por diferentes autores e obras da literatura universal. Santiago Posteguillo Leer más publicaciones en Calaméo E estade atentos, porque ao longo das vindeiras semanas iremos publicando na Cova todos os materiais gráficos das distintas actuacións que se fixeron neste festival.
Comentarios
Publicar un comentario