Virxinia Woolf

Virginia Woolf
A escritora Virxinia Woolf  naceu en Hyde Park Gate, Kensington (Londres) en 1882. Creceu rodeada dun ambiente literario e cultísimo. O seu pai posuía unha gran biblioteca e cando ela cumpliu os dezaseis anos por fin puido entrar soa naquel recinto consagrado á lectura e adicarse a explorar todo o que desexara, o que supuña un verdadeiro luxo para unha moza da época victoriana e tamén unha situación que lle sería ben proveitosa para a súa futura condición de escritora. Lía un exemplar tras outro, pero ela sentiría durante toda a súa vida que a súa educación fora deficiente por razón do seu sexo (Cambridge daquela era un lugar reservado aos homes e as mulleres, logo, podían estudar grego ou pintura polas mañás, pero as tardes eran para ocupacións "máis axeitadas", como servir o té ou mostrarse amables coas visitas). 
Cara 1904, Virxinia xa escribía , facía crítica literaria e daba clases. Nesta época xa destaca pola súa imaxinación desmedida, que se autoanlalizaba para observar as súas baixadas e subidas, a súa dor e a súa capacidade para seguir escribindo. Porque a escritora tiña unha personalidade dada á depresión, tiña unha agudísima sensibilidade que máis adiante a conduciría ao suicidio.
A súa vida estivo adicada por completo á literatura. Experimentou con novas formas que chegarían a englobar a auténtica realidade da existencia e quixo bucear nos pensamentos dos seus personaxes para facelos retroceder e progresar ata que o lector tivese a verdadeira impresión de sabelo todo sin que realmente ningún narrador tivera que explicar nada. O que a escritora pretendía era desprenderse do mundo material e chegar a reflectir unha realidade interna que non se ve pero que existe indubidablemente.
En libros como El cuarto de Jacob, Al faro, Las olas... o peso da narración deposítase totalmente nas reflexións de cada personaxe, e é únicamente seguindo dichas reflexións como podemos chegar a coñecer o desenvolvemento da trama. Virxinia Woolf leva así á práctica as súas propias ideas sobre o modo de conducir ao lector a través dos diferentes pensamentos dos seus personaxes.Desta maneira, demostra que a realidade interna e subxectiva soe ser moito máis interesante para o lector que calquera outro tipo de forza externa.
Woolf abriría camiños inexplorados na maneira de narrar, na maneira de vermos a nós mesmos. Tivo unha percepción privilexiada da realidade, unha percepción descarnada e xenial de todo canto a rodeaba. E, grazas a ela, agora o mundo para moitos é diferente.

http://www.ataun.net/BIBLIOTECAGRATUITA/Cl%C3%A1sicos%20en%20Espa%C3%B1ol/Virginia%20Wolf/Al%20faro.pdf
http://biblio3.url.edu.gt/Libros/2011/la_se%F1o.pdf
http://biblio3.url.edu.gt/Libros/2011/las_olas.pdf
http://www.ataun.net/BIBLIOTECAGRATUITA/Cl%C3%A1sicos%20en%20Espa%C3%B1ol/Virginia%20Wolf/Una%20habitaci%C3%B3n%20propia.pdf



Comentarios

Entradas populares de este blog

Día do Libro: Homenaxe a Cervantes