Exposición do Día dos Dereitos Humanos
Como ben sabedes, este ano na Biblioteca celebramos o cuarto centenario da morte de Cervantes e Shakespeare e o 70 aniversario da creación deste instituto. Neste Día Internacional dos Dereitos Humanos non podíamos esquecer dous feitos evidentes: o importante papel que desenrolou Policarpo Sanz na reivindicación do Dereito á Educación e á Saúde, e a defensa que Don Quixote fixo do dereito á Liberdade, á Xustiza, ao Traballo... que se manifesta na aventura dos galeotes, no encontro con Juan Haldudo e Andrés, e nos consellos que don Quixote dá a Sancho para gobernar a ínsula. Polo tanto, a exposición que levaron a cabo os rapaces de 1º ESO e do agrupamento de 3º ESO xirou en torno a estas dúas temáticas. Se aínda non vistes a exposición aínda estades a tempo, posto que manterase na Biblioteca e no corredor da entrada á mesma dúas semanas máis despois do Nadal. Aquí vos deixamos un aperitivo, e, como dicíamos noutra entrada, a exposición foi espectacular. Dende o blog queremos felicitar aos rapaces xa que fixeron un traballo excelente. Noraboa a todos!!
Comentarios
Publicar un comentario