Miguel de Unamuno
Miguel de Unamuno |
Miguel de Unamuno foi un escritor, poeta e filósofo bilbaíno que é considerado un dos principais representantes da Xeración do 98. O catedrático da Universidade de Salamanca estudiou a obra de filósofos coma Bergson, Kierkegaard, Hegel, Marx... para poder dar solución ás paradoxas do seu pensamento. Esta é a base dalgúns dos seus ensaios (En torno al casticismo) e a orixe de Vida de don Quijote e Sancho, outro dos seus máis coñecidos ensaios nos que reflexa a aparente contradición entre locura e cordura, realidade e ficción, e na que defende, ao contrario que outros pensadores da súa época, que en vez de europeizar a España hai que "españolizar a Europa".
Na súa obra poética, dramática e narrativa plantéxase o dilema entre o individual e o colectivo, entre o mutable e o inmutable, entre o espírito e o intelecto, tomándose a sí mesmo como referente porque "Hablo de mí porque es el hombre que tengo más cerca".
Os seus personaxes son problemáticos e víctimas do conflito surxido das fortes tensións entre as súas paixóns, hábitos e costumes sociais que regulan os comportamentos e marcan as distancias entre a liberdade e o destino, a imaxinación e a conciencia. En definitiva, son personaxes conflictivos e sensibles ante as formas evidentes da realidade.
Considerado como o escritor máis culto da súa xeración, foi un intelectual inconformista que fixo da polémica unha forma de búsqueda. Así, a súa vida e obra estiveron estrechamente relacionadas. De ahí as contradicións e paradoxas, de ahí que Antonio Machado dixera de el que era "donquixotesco".
Nesta entrada recomendamos descargar algunhas das súas obras máis significativas: "nivolas", como el mismo as chamou: Niebla, La tía Tula, San Manuel Bueno Mártir e Abel Sánchez.
Comentarios
Publicar un comentario