Edgar Allan Poe
Ao señor Poe (Boston, 1809 - Baltimore, 1849) xa o coñecemos nesta Cova, porque xa publicamos algún dos seus contos (coma O corazón delator). Nesta entrada poderedes acceder a dous enlaces para descargar a súa obra poética completa e as súas Narracións extraordinarias.
A vida de Poe non foi en absoluto idílica: orfo de padre e madre sendo moi cativo, pasa ao coidado de John Allan, con quen tivo unha relación traumática. Paseniñamente, Edgar vai convertíndose nun "rebelde", e xoga perigosamente co alcoholl e as drogas. Esta tendencia ao alcoholismo e a drogadición agrávase cando a súa muller - Virxinia - morre tras unha larga enfermidade. Ambas adiccións son, probablemente, a causa do seu falecemento: foi achado inconsciente nunha rúa de Baltimore e conducido a un hospital, onde faleceu poucos días máis tarde dun posible ataque cerebral.
Poe foi poeta e narrador, como xa dixemos. El adicou os maiores esforzos á poesía, que para Poe era a máxima expresión literaria. A crítica estadounidense xulgou a súa poesía como excesivamente artificiosa, pero en Europa veuse a Poe coma o precursor do simbolismo. Para moitos, Poe gañou merecidamente a súa sona por Las campanas (o seu resonar acompaña ás diversas etapas da vida humana, dende a infancia ata a morte), Annabel Lee (exaltación dun inocente amor infantil que nin a morte pode truncar) e, sobre todo, por El Cuervo (The Raven), onde fai alarde do seu dominio do ritmo e a sonoridade.
Tivo moito máis éxito como narrador, sen dúbida. Foron publicados baixo o rótulo Cuentos de lo grotesco y lo arabesco (Tales of de Grotesque and Arabesque), pero en España os coñecemos como Narracións extraordinarias, posto que así foi como as chamou Baudelaire (Histoires extraordinaires). Trátase dunha colección de relatos macabros - El barril amontillado - ou contos adicados a mulleres atormentadas e inescrutables nunha atmósfera enfermiza - Berenice -, ou contos de terror - El pozo y el péndulo... Quizais o máis signicativo desta obra é que con algúns destes relatos, como os protagonizados por Dupin (Los crímenes de la calle Morgue, por exemplo) Poe convértese no pai do xénero policial e detectivesco, e para algúns tamén inaugura a ciencia - ficción.
En conclusión, Poe influiu en Charles Baudelaire, e tivo admiradores e continuadores da talla de A. Conan Doyle, Xulio Verne, H.P. Lovecraft... quenes recoñeceron a súa deuda co escritor estadounidense.
Comentarios
Publicar un comentario