Agradecementos






Xa rematada a visita no Nautilus polo Santa Irene, a biblioteca "navega" cara outros centros de Vigo. 

Dende o equipo de biblioteca queremos agradecer a todos aqueles conferenciantes que, desinteresadamente, compartiron connosco un anaco dos seus coñecementos e axudáronnos a coñecer mellor os tesouros da nosa historia e da nosa literatura.

Manuel E. Garci. “Os tesouros vivos da ría de Vigo” (19 de febreiro)

Licenciado en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Funcionario de carreira, traballa no Departamento de Ecoloxía e Biodiversidade Mariña do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo. Ten participado na elaboración dos documentais da serie "Galicia en clave natural" da TVG, "A expedición Ardora" de TVE en Galicia, "O medio mariño da Ría de Vigo" do Concello de Vigo, "O Mexilón" da Xunta de Galicia ou O descoñecido mundo dos signátidos do FECYT. Realizador de documentais como O mar do fin do mundo, Augas vivas de Galicia, Os mares doces de Galicia, O choco de Redondela, Mareas Vermellas ...varios dos cales teñen gañado premios en Festivais de cine submariño tan prestixiosos como o de Donosti



Prado Surf Escola: “Iniciación ó Surf” (21 de febreiro)





Bernardo Máiz “ Circumnavegación da goleta Nautilus” (22 de febreiro)
Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, Doutor en Historia Contemporánea coa tese titulada "1936-1964. A esquerda militante en Galicia". Pioneiro na investigación sobre os movimentos sociais e a represión franquista, é membro do colectivo "Memoria Histórica Democrática". Foi profesor de secundaria e catedrático no IES Concepción Arenal de Ferrol. Prolífico investigador, e mestre de varias xerazóns de historiadores e historiadoras, foi Premio Manuel Murguía da Asociación Galega de Historiadores ó labor e mérito historiográfico, no ano 2010. Bernardo Máiz é autor dunha extensa obra narrativa e de ensaio, cun marcado interes polo mar, como bo veciño de Seixo, Mugardos, e un forte compromiso coa recuperación da cultura marítima tradicional. 
Luis Sampedro. “Unha viaxe científica á Antartida” (23 de febreiro)
Científico titular do Grupo de xenética y ecoloxía forestal da Misión biolóxica de Galicia CSIC.

Participante na XXX Campaña Antártica Española 2017 na base Gabriel de Castilla, na illa Decepción, como membro da expedición viguesa que analizou os efectos do cambio climático no continente Antártico. 

Lara Garcia Alves. "Outros animais sorprendentes en 20.000 leguas baixo dos mares" (26 de febreiro)

Grupo de Ecoloxía e Biodiversidade Mariña, Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC). 

Isidro Alonso Marcial. “Unha vida no mar” (27 de febreiro)

Acumulou máis de cincuenta anos de vida na mar traballando primeiro como mariñeiro ata chegar a acadar a categoría de capitán. No ano 2015 foi elexido Primeiro Tesouro Humano Vivo do Casco Vello de Vigo pola Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello de Vigo




Pablo Carrera. “Preparación & desenvolvemento dunha campaña oceanográfica” (28 de febreiro)

Biólogo IEO Vigo. Director do Museo do Mar de Galicia dende a súa inaguración no ano 2002 ate o ano 2012.

Cristina Represas Romero e María Rodríguez de Diego, bibliotecarias do IIM-CSIC, Luisa Martínez Lorenzo, unidade de cultura científica da delegación do CSIC Galicia, no Instituto de Investigacións Mariñas: “A evolución do coñecemento científico e as Bibliotecas” (1 de marzo)



Francisco Franco del Amo. “ A Fauna de 20.000 leguas de viaxe submarino” (2 de marzo)
Director Técnico do Acuario Finisterrae de A Coruña.
Licenciado e Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela, en abril de 1995 incorporouse ao equipo técnico dos Museos Científicos Coruñeses, institución na que desempeñou diferentes cargos de responsabilidade técnica. Formou parte do equipo de museógrafos que deseñou o Aquarium Finisterrae e do grupo de técnicos que dirixiu a súa posta en funcionamento. Participou no desenvolvemento museográfico de ducias de exposicións interactivas e programas educativos para centros de ciencia.
Dende 2002 desempeña o cargo de Director Técnico do Acuario Finisterrae. Como investigador, publicou 12 artigos de investigación e dirixiu unha tese doutoral. Como divulgador científico, publicou centos de artigos e varias monografías, sendo colaborador habitual en diferentes xornais e programas de radio e televisión.

Pedro Feijoo: "Os fillos do mar" (5 de marzo)
Filólogo de formación, exerceu como músico, produtor, compositor e membro dalgúns proxectos musicais galegos como Los Feliz e La Matumbá . En 1997 publicou o seu primeiro libro, Cousas do «Galicia», por Castelao, no que se explica a relación de Castelao co xornal Galicia que dirixiu Valentín Paz Andrade . En 2005 publicou Viva o Fu Remol!, unha crónica sobre os problemas do panorama musical galego. En 2011 publicou o relato "O segredo do viaduto" no libro XII Certame Literario de relatos curtos Os Viadutos. A súa primeira novela, Os fillos do mar (2012), foi finalista do Premio Xerais en 2011.


Xurxo Souto. "Océano para terrícolas" (7 de marzo)A partir dos contos e dos cantos do mar dos galegos (e das galegas) unha viaxe ao redor do mundo todocantante, acordeonista, líder e vocalista da banda de rock "Os Diplomáticos de Monte-Alto" entre 1990 e 2001, escritor, locutor e licenciado en filoloxía clásica. Premio Irmandade do Libro ao mellor libro de 2014, por Contos do mar de Irlanda, é autor tamén dos libros A tralla e a arroutada (relatos, Xerais, 1995), Fumareu (relatos, Xerais, 1997), O retorno dos homes mariños (novela, Xerais, 1999) e Tres trebóns (relatos, Xerais, 2005).

Miren Itxaso Salinas Aguilera. “Unha marea como Obsevadora de pesca no Flemish cap” (9 de marzo)
Técnico superior de actividades técnicas e profesionais. IEO
Falou sobre a súa experiencia como bióloga observadora de pesca nun buque galego de pesca de gran altura en augas do Flemish cap

Comentarios

Entradas populares de este blog

Día do Libro: Homenaxe a Cervantes