Visita de Xulia Alonso
O martes, 5 de febreiro contamos coa presenza de Xulia Alonso. A escritora veu falarnos do seu libro: Futuro imperfecto.
Ás veces os títulos dos libros desconcertan, non sabemos a que se refiren e mesmo chegan a facer que o libro sexa invisible para o lector. Desta volta, o título Futuro imperfecto, foi o escollido pola autora para verter nas súas 248 páxinas todo o seu mundo, as súas vivencias e os seus sentimentos máis íntimos. Futuro imperfecto é o título que podemos pór a cada unha das nosas vidas.
Ela, que cría necesario que a súa filla soubese da súa historia, que necesitaba deixar este legado, que quería demostrar que o futuro non está escrito, que a vida ideal non existe e que temos que asumir os nosos erros, non avergoñarnos e, sobre todo, aprender deles.
Xulia non deixou indiferente a ninguén, conseguiu emocionarnos e espertou o interese do alumnado de 1o de Bacharelato porque, aínda que a historia se centra nos anos oitenta e noventa do século pasado, reflicte comportamentos e adiccións que aínda hoxe se repiten. A autora definiu a súa adolescencia e primeira mocidade como un inferno, e intentou demostrar a todos os presentes que é moi fácil caer nese mundo e moi difícil saír del.
Xulia Alonso, unha muller chea de enerxía que nos falou véndonos aos ollos, como unha amiga que só quere estar ao noso lado, aínda que nos equivoquemos nas decisións que tomemos nese Futuro imperfecto que agarda por nós.

Comentarios
Publicar un comentario